Filloas de Sangue

As filloas de sangue é algo moi típico da gastronomía de Chantada nos días da matanza; pódese dicir que é o postre por excelencia, tan ben valorado que, cando un veciño da aldea fai a matanza, ten de repartir algo da sangue recollida con os das casas do arredor para que iles tamén fagan as filloas; a receita é moi sinxela, simplemente ó amoado das filloas de leite engádeselles un chisco de sangue (ó gusto, pro non fai falla moita), é cada unha salpícase ben de azúcar; anque se poñen de postre, case todos as prefiren cando mesmo saen da sartén, pro ise é un privilexio que depende da cociñeira (porque se lle las deixa comer así nunca da feito pra levar á mesa). Falta dicir que o sangue é recollido, ben remexido para que non se corte, e logo colado -primeiro sobre pallas- e logo co colador. Por se vos daba algo de recelo, podedes estar seguros de que estas filloas son moi sabrosas.  
Noutros tempos, en que non habìa internet pero sí xente moi devertida, era tradición que nalgunha das filloas (que case sempre se presentan enroladas), as cociñeiras meteran pimento moi picante ou un fio, pra logo rirse dos que lles tocaran, que sólo o sabían pola cara que puñan xa que non o dicían porque era motivo de mofa. 

Folión dos Carros (Chantada)

 É esta unha das maiores atraccións das festas patronais, que se celebran en honor a Virxe do Carme no cuarto fin de semana do mes de agosto de cada ano, facéndose o Folión sempre o sábado das festas, arredor das once da noite.- Esta tradición vense celebrando de seguido dende o ano 1949, anque data de moitos anos atrás. Consiste nun desfile de carrozas (tradicionalmente eran carros do país, agora son case sempre prataformas, tirados por xugadas de vacas e, cando é posible, de bois),  que representan algo típico da zona: o mesmo a vendima, que a matanza ou a estila, que un kiosco de revistas e periódicos que por moitos anos estuvo na plazuela atendido por una señora que se recorda con cariño (O kiosco da Margarita), ou "A Taverna do Ferraias", onde tivo as súa orixe a famosa "muiñeira de Chantada".

VIÑOBÚS

De mediados a finais do setembro pasado o Consorcio de Turismo organizou unha escursión en bus que duraba medio día que permitia saborear a comarca da Ribeira Sacra  (viño, patrimonio, paisaxe, gastronomía...)  As rutas estaban organizadas en función do comenzo das vendimas en cada unha das subzonas, e o séu prezo era de 4 €, o cal incluía transporte, guía, visita a unha adega e cata comentada, visita ó Centro do Viño da Ribeira Sacra, degustación dun caldo D.O. e entrega dun agasallo. 

Teléfonos de información: 606 428 286 e 638 823 592


Excursións ViñoBus Vendima 2009 >>  
INGREDIENTES: 1 Pata de Porco, 1 Oso de Caño, 1 Oso de Pata de Tenreira, 4 Ovos, 750 gms. de Fariña aprox., 2 litros de auga, 100 grms. de touciño para frota-la pedra e sal.

COMO FACE-LAS: Facer un caldo coa pata de porco, a de tenreira e o oso de caña dous litros de auga e deixa-lo cocer lentamente. Separar e deixar enfriar. Bate-los 4 ovos coma se fose para facer tortilla, engadir unha taza do caldo e mezcla-la fariña procurando que non se formen bolos, se se forman hai que cola-la masa. Quenta-la pedra ben quente ou no seu caso fiolleira ou sartén untándoa ben có touciño pinchado nun tenedor; cando está quente, verter en riba a masa de forma que cubra a "fiolleira" cunha capa moi fina. Cando esté callada darlle a volta, e así ata facer un bon prato delas, hai que ter moita paciencia sobre todo cando ven algún lambón a collernolas.

                                                  

SUBIDA A CHANTADA

 Durante os días 17,18 e 19 de Xullo celebrouse a 36 ª edición da proba automovilística "Subida a Chantada", proba que é avaliable para o campionato de España de montaña. Está é unha boa oportunidade para que os amantes deste deporte visiten a zona e aproveiten para coñecer un dos lugares máis fermosos de Galiza.

CONXURO DA QUEIMADA

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas:
eitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala mullercasada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cús,
muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantareias chamas deste lumeque asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxasa cabalo das súas escobas,
indose bañar na praiadas areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidosque dan as que non podendeixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este brebaxebaixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos malesda nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,a vós fago esta chamada:
si é verdade que tendes máis poder que a humana xente,
eiquí e agora, facede cós espritosdos amigos que estan fóra,
participen con nós desta Queimada.

SENDEIRO DOS VIÑEDOS

LONXITUDE: 13,3 km (11,5 ruta principal e 18,8 desviacións de ida e volta).
PERCORRIDO: San Miguel de Rosende, Albarán, Areas, Portizo, Retoral de Anllo, Castinandi e Os Cnacís.
DURACIÓN/DIFICULTADE: 4h e 15m /Media -Baixa.
(Pódese facer a pé ou a cabalo, en bici non).

Iniciase no torreito do campo da festa de Rosende e bodea o muro do Pazo Casa Grande de turismo rural.

En Albarán seguese un camiño de servizo para viñedos que vai cara o val do río Cabe. O camiño serpentea entre os viñedos de uva mencía.

Unha pequena desviación lévanos a Areas, lugar con construccións moi simples onde algúnha hipótese apunta a primitivos moradores anacoretas que buscaron neste recuncho o sosego en contacto cá natureza.
No Portizó e Hortás pódense ollar boas mostras da arquitectura tradicional. Hai unha pequena desviación que vai ata a casa de turismo rural Rectoral de Anllo onde podemos facer unha paradiña. Podense contemprar fermosas panorámicas de pinares e viñedos sobre os vales dos ríos Cabe e Sil. Pasando a ponte do regato de Camilo, atoparemos a estrada que baixa ó embarcadoira dos catamaráns onde, se se nos antolla, poderemos facer unha parada.

NON ÁS USURPACIÓNS


Iberdrola horada o Canón do Sil para exportar enerxía a Portugal (05/10/2009)

A eléctrica subministrará o país luso con dúas centrais en plena Rede Natura. Iberdrola apuntalará a súa posición no mercado eléctrico portugués dende os polémicos aproveitamentos hidroeléctricos que levanta na conca do Sil, unha zona protexida polo seu alto valor ambiental. A compañía que preside Ignacio Sánchez Galán ten entre os seus plans a subministración de enerxía ao país veciño dende Galicia a partir de 2012, cando está previsto que finalice a construción das centrais de Santo Estevo II e San Pedro II, que aumentarán a súa capacidade en algo máis de 200 megavatios, sobre os 340 megavatios que dispoñen hoxe ambas as dúas instalacións.

Arrasando con todo


Iberdrola desecou un río para construír unha nova central eléctrica en Galicia (16/07/2009)

A empresa Iberdrola, co aval do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, desecou o río Sil para realizar traballos de sedimentación necesarios para construír unha nova central, ampliación subterránea da de Santo Estevo. A foto mostra como estivo, durante varios días, o curso do río no treito que vai dende a presa de San Estevo de Ribas de Sil (Ourense) e a localidade de Peares. Nestes momentos a presa de San Estevo encóntrase moi por debaixo da súa capacidade habitual a estas alturas do ano, considerando ademais o volume de precipitacións que houbo este ano. O aspecto do río na zona é desolador, aínda que a empresa o negue o impacto sobre a flora e a fauna da zona é evidente. Esta obra non parece ser acorde cos principios e valores que subscribe a citada empresa na súa páxina web, os cales cito textualmente: Queremos ser a Compañía preferida polo noso compromiso coa creación de valor, a calidade de vida das persoas e o coidado do medio" Con estes modos de actuar dubido que iso sexa posible.

Non ós abusos de Iberdrola

Iberdrola reducirá o caudal do Sil durante oito meses en 2010
(Escrito o 24 Novembro, 2009 ás 12:16 en Actualidade)

A compañía eléctrica Iberdrola planea reducir 30 metros o caudal do Sil durante oito meses -dende abril ata novembro- en 2010 para poder dragar o río. Durante este ano, como máximo reducíranse quince metros, polo que os concellos da Ribeira sacra comezan a temer porque se acerne un dos recursos turísticos máis importantes da bisbarra e empezan a formularse que facer. En concreto, as institucións municipais temen pola navegabilidade do Sil con esta drástica redución do caudal, fará que o catamarán que suca o río non poida navegar.

Segundo o concello de Monforte de Lemos, cada ano 30.000 persoas utilizán este servizo para coñecer unha das bisbarras máis belas de Galicia.

Tanto as institucións comarcais como provinciais reuníronse para buscar solucións para amortizar a previsible baixa de visitantes en ano Xacobeo. As primeiras actuacións apuntan a que se constituirá unha comisión técnica composta por un economista, un biólogo, un avogado e un historiador da Universidade de Santiago de Compostela para elaborar propostas que sirvan como alternativa a unha máis que previsible perda de ingresos.

A Asociación de Profesionais de Turismo Rural Lugo Sur valoran positivamente que se constitúa esta comisión, aínda que cre que chegan algo tarde. Tamén demanda de Iberdrola unha maior sensibilidade cos hostaleiros da zona.

Os traballos da compañía eléctrica para ampliar a potencia no encoro de Santo Estevo seguen causando polémica na zona pola cantidade de secas que producen no río. Ecoloxistas e políticos reclamaron que se paralicen as obras, pero non só non paran, senón que xa afectan a un dos atractivos máis siginificativos: os catamaráns.

ROTEIROS A PÉ

Aquí tedes varios enlaces de roteiros a pé
wikiloc/view.do?&id=24">/view.do?&id=241183">

ENTROIDO E LENDAS


O entroido de Chantada e o de Ribeirao son ancestrais. A súa orixe remóntase a recadación de impostos que o señor feudal e os séus gardiáns levaban a cabo nas aldeas. Contan con tres firugas:o "volante" (señor feudal), o "peliqueiro" (o gardián) e os "mecos".

O oso de Salcedo, de Pobra de Brollón, é outro dos entroidos tradicionais. Os homes disfrazanse con peles de cordeiro e máscaras de oso o martes de entroido.

MONFORTE-OS SAVIÑAO-PANTÓN-SOBER-MONFORTE

Dende Monforte de Lemos saímos cara a Chantada pola estrada CG-2.1. Ós 12 Km do percorrido un desvío conduce a Escairón, capital do concello do Saviñao. Trala Casa do Concello atópase a fermosa devesa da vila.

Collendo de Escairón cara Chantada polo estrada LU-617 hai desvíos próximos á capital do Saviñao ós templos románicos de Manrrube e Diomondi, notable monumento este último a carón do que foi palacio de verán dos bispos de Lugo dende tempos medievais, importante construcción civil dos séculos XIII-XIV. Tamén dende Escairón podemos coller a estrada a Currelos que permite desviarse a Santa María de Seteventos (s.XII) onde hai interesantes pinturas murais, o dolmens de Abuíme, o templo románico de S. Vitorio de Ribas de Miño atópase Currelos. Dende aquí unha estrada a Taboada pasando o Miño pola Ponte de Mourulle.

Non obstante, na nosa ruta, trala pequena visita á capital do Saviñao, volvemos á estrada CG-21 cara Chantada. Finalizada esta e pouco despois do km 8 da LU-533 desviámonos á esquerda para coñecer a hermosísima igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño construída en torno a 1.200 na que destacan as arquivoltas da súa porta principal e o impresionante rosetón da parte superior da fachada de 4 metros de diámetro. Dende o adro téñense privilexiadas vistas dos viñedos das ribeiras do Miño e do dique de contrención do encoro de Belesar.

Proseguimos a ruta pola LU-533 e antes de cruzar un viaducto sobre o Miño desviámonos pola esquerda cara Belesar. Dende este punto ata a praia da Cova iremos a carón do Miño contemplando a súas fermosas ribeiras e as poboacións nelas situadas. A aldea de Belesar, a 3 km do desvío e a praia fluvial da Coba (a 7 km de Belesar) son puntos que invitan a pequenas paradas na ruta. Dende a citada praia fluvial iniciamos un ascenso de 4 km por terras da Cova e de Fión. A 2 km do ascenso aproximadamente un camiño permítenos chegar á igresa da Cova (s. XII). Dous quilómetros máis alá un sendeiro á esquerda da estrada condúcenos a un fermoso miradoiro do meandro da Cova ou do Cabo do Mundo. Pouco despois hai unha bifurcación na pista pola que agora discorre a ruta. Pola esquerda vaise, pasando por diante da casa brasonada de Nemesio, ó sinxelo templo de Fión con ábside románica e pinturas murais no interior. Dende preto do mesmo vense tamén as fermosas ribeiras do Miño. Ó volver á pista que deixamos á altura da bifurcación seguimos pola que indica Torre de Vilariño, a cal nos conduce ó Pazo de Arxeriz situado nun privilexiado contorno. É unha interesante construción do século XVIII sede do ecomuseo da Fundación Xosé Soto de Fión.

Dende o Pazo de Arxeriz pasando por diante de Torre Vilariño chégase axiña á estrada Escairón-Ferreira. Nos collemos á dereita dirección Ferreira e aproximadamente no quilómetro 2 da estrada hai un desvio á esquerda ó templo románico de San Miguel de Eiré xa en terras do concello de Pantón. Nes destaca a súa orixinal torre e a porta Norte onde se desenvolve un rico programa iconográfico. A 2 km de Eiré atópase Ferreira, capital do concello de Pantón.

En Ferreira de Pantón collemos dirección Monforte pola N-120 e a uns 4 km desviámonos cara a Canaval e Sober, parroquias pertencentes ó concello de Sober. A 4 km de Canaval está a vila de Sober. Dende ela podemos achegarnos a interesantes lugares no límite sur do concello para contemplar o espectacular Cañón do Sil e os tamén grandiosos viñedos de Amandi. Unha estrada conduce dende Sober ata os Chancís, lugar onde se atopa un embarcadoiro para realizar paseos fluviais e próxima ó cal discorre a ruta a pé polos muíños do Xabrega.

En dirección a Doade, cada poucos quilómetros desvíos á dereita conducen ós fermosos miradoiros do concello. Entre eles atópase os dous miradoiros de Bolmente. (desvío en Santa Marta), Santiorxo, Cadeiras (miradoiro, área recreativa e santuario) en Pinol parroquia que ademais ten igrexa románica e Os Chelos en Amandi. Outros desvíos nas estrada sober-Doade conducen a diferentes e destacadas mostras artísticas tanto de culto relixioso como de orixe prehistórica, como son a igrexa románica e os petrógrifos de Proendos ou o interesante conxunto de Lobios (templo románico, cruceiro e capela da Raíña dos Anxos). Pasada a parroquia de Lobios, dende o lugar de Vilachá de Doade unha pista conduce de novo a Sober (11 km aproximadamente) pasando tras 6 km de percorrido pola igrexa de Gundivós, parroquia na que aínda se desenvolve unha ancestral e popular cerámica, a de Gundivós, que polas súas características artesanais, motiva que esta sexa coñecida como a Terra dos Cacharreiros. Nas proximidades de Sober podemos seguir os diferentes sinais que nos permiten regresar a Monforte.

A Ribeira Sacra é unha das zonas vinícolas máis expectaculares do noso pais. As parras están prantadas nas profundas ladeiras dos ríos Sil e Miño, o que convirten a vendimia nun traballo heróico. Hoxe en día, a inversión en equipos de aceiro inoxidable e o esforzo dalgúns bodegueiros está dando lugar a opteción de excelentes viños brancos, así como de aromáticos tintos. A pesares da consolidación das cooperativas na zona, a elaboración do viño continúa a facerse dunha forma extraordinariamente artesanal, o que ven a ser un fiel reflexo dos minifundios existentes, das súas bodegas familiares e dos tradicionais métodos ecolóxicos de cultivo que a día de hoxe se seguen a utilizar.

A denominación de Orixe de Ribeira Sacra aprobouse no ano 1996 e conta con cinco subzonas: Amandi, Chantada, Ribeiras do Miño, Ribeiras do Sil e Quiroga-Bibei. Entre as variedades de uva destaca a tinta mencia e as brancas godello e albariño, sendo o resultado do viño de grande calidade. Hai 99 adegas, a maioria están abertas ó público. Tódolos fins de semana funciona o Viñobús, un autobús que sae das oficinas de Turismo (precio 3€) e que realiza rutas con visitas a mosteiros, miradores e adegas con cata de viños e botella de regalo.

SITUACIÓN



A Ribeira Sacra é unha zona que comprende as ribeiras dos rios Sil e Miño. Está situada entre a zona sur da provincia de Lugo e a zona norte da provincia de Ourense; sendo a súa capital de provincia a cidade de Monforte de Lemos (Lugo).