MONFORTE-OS SAVIÑAO-PANTÓN-SOBER-MONFORTE

Dende Monforte de Lemos saímos cara a Chantada pola estrada CG-2.1. Ós 12 Km do percorrido un desvío conduce a Escairón, capital do concello do Saviñao. Trala Casa do Concello atópase a fermosa devesa da vila.

Collendo de Escairón cara Chantada polo estrada LU-617 hai desvíos próximos á capital do Saviñao ós templos románicos de Manrrube e Diomondi, notable monumento este último a carón do que foi palacio de verán dos bispos de Lugo dende tempos medievais, importante construcción civil dos séculos XIII-XIV. Tamén dende Escairón podemos coller a estrada a Currelos que permite desviarse a Santa María de Seteventos (s.XII) onde hai interesantes pinturas murais, o dolmens de Abuíme, o templo románico de S. Vitorio de Ribas de Miño atópase Currelos. Dende aquí unha estrada a Taboada pasando o Miño pola Ponte de Mourulle.

Non obstante, na nosa ruta, trala pequena visita á capital do Saviñao, volvemos á estrada CG-21 cara Chantada. Finalizada esta e pouco despois do km 8 da LU-533 desviámonos á esquerda para coñecer a hermosísima igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño construída en torno a 1.200 na que destacan as arquivoltas da súa porta principal e o impresionante rosetón da parte superior da fachada de 4 metros de diámetro. Dende o adro téñense privilexiadas vistas dos viñedos das ribeiras do Miño e do dique de contrención do encoro de Belesar.

Proseguimos a ruta pola LU-533 e antes de cruzar un viaducto sobre o Miño desviámonos pola esquerda cara Belesar. Dende este punto ata a praia da Cova iremos a carón do Miño contemplando a súas fermosas ribeiras e as poboacións nelas situadas. A aldea de Belesar, a 3 km do desvío e a praia fluvial da Coba (a 7 km de Belesar) son puntos que invitan a pequenas paradas na ruta. Dende a citada praia fluvial iniciamos un ascenso de 4 km por terras da Cova e de Fión. A 2 km do ascenso aproximadamente un camiño permítenos chegar á igresa da Cova (s. XII). Dous quilómetros máis alá un sendeiro á esquerda da estrada condúcenos a un fermoso miradoiro do meandro da Cova ou do Cabo do Mundo. Pouco despois hai unha bifurcación na pista pola que agora discorre a ruta. Pola esquerda vaise, pasando por diante da casa brasonada de Nemesio, ó sinxelo templo de Fión con ábside románica e pinturas murais no interior. Dende preto do mesmo vense tamén as fermosas ribeiras do Miño. Ó volver á pista que deixamos á altura da bifurcación seguimos pola que indica Torre de Vilariño, a cal nos conduce ó Pazo de Arxeriz situado nun privilexiado contorno. É unha interesante construción do século XVIII sede do ecomuseo da Fundación Xosé Soto de Fión.

Dende o Pazo de Arxeriz pasando por diante de Torre Vilariño chégase axiña á estrada Escairón-Ferreira. Nos collemos á dereita dirección Ferreira e aproximadamente no quilómetro 2 da estrada hai un desvio á esquerda ó templo románico de San Miguel de Eiré xa en terras do concello de Pantón. Nes destaca a súa orixinal torre e a porta Norte onde se desenvolve un rico programa iconográfico. A 2 km de Eiré atópase Ferreira, capital do concello de Pantón.

En Ferreira de Pantón collemos dirección Monforte pola N-120 e a uns 4 km desviámonos cara a Canaval e Sober, parroquias pertencentes ó concello de Sober. A 4 km de Canaval está a vila de Sober. Dende ela podemos achegarnos a interesantes lugares no límite sur do concello para contemplar o espectacular Cañón do Sil e os tamén grandiosos viñedos de Amandi. Unha estrada conduce dende Sober ata os Chancís, lugar onde se atopa un embarcadoiro para realizar paseos fluviais e próxima ó cal discorre a ruta a pé polos muíños do Xabrega.

En dirección a Doade, cada poucos quilómetros desvíos á dereita conducen ós fermosos miradoiros do concello. Entre eles atópase os dous miradoiros de Bolmente. (desvío en Santa Marta), Santiorxo, Cadeiras (miradoiro, área recreativa e santuario) en Pinol parroquia que ademais ten igrexa románica e Os Chelos en Amandi. Outros desvíos nas estrada sober-Doade conducen a diferentes e destacadas mostras artísticas tanto de culto relixioso como de orixe prehistórica, como son a igrexa románica e os petrógrifos de Proendos ou o interesante conxunto de Lobios (templo románico, cruceiro e capela da Raíña dos Anxos). Pasada a parroquia de Lobios, dende o lugar de Vilachá de Doade unha pista conduce de novo a Sober (11 km aproximadamente) pasando tras 6 km de percorrido pola igrexa de Gundivós, parroquia na que aínda se desenvolve unha ancestral e popular cerámica, a de Gundivós, que polas súas características artesanais, motiva que esta sexa coñecida como a Terra dos Cacharreiros. Nas proximidades de Sober podemos seguir os diferentes sinais que nos permiten regresar a Monforte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario