Arrasando con todo


Iberdrola desecou un río para construír unha nova central eléctrica en Galicia (16/07/2009)

A empresa Iberdrola, co aval do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, desecou o río Sil para realizar traballos de sedimentación necesarios para construír unha nova central, ampliación subterránea da de Santo Estevo. A foto mostra como estivo, durante varios días, o curso do río no treito que vai dende a presa de San Estevo de Ribas de Sil (Ourense) e a localidade de Peares. Nestes momentos a presa de San Estevo encóntrase moi por debaixo da súa capacidade habitual a estas alturas do ano, considerando ademais o volume de precipitacións que houbo este ano. O aspecto do río na zona é desolador, aínda que a empresa o negue o impacto sobre a flora e a fauna da zona é evidente. Esta obra non parece ser acorde cos principios e valores que subscribe a citada empresa na súa páxina web, os cales cito textualmente: Queremos ser a Compañía preferida polo noso compromiso coa creación de valor, a calidade de vida das persoas e o coidado do medio" Con estes modos de actuar dubido que iso sexa posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario