Non ós abusos de Iberdrola

Iberdrola reducirá o caudal do Sil durante oito meses en 2010
(Escrito o 24 Novembro, 2009 ás 12:16 en Actualidade)

A compañía eléctrica Iberdrola planea reducir 30 metros o caudal do Sil durante oito meses -dende abril ata novembro- en 2010 para poder dragar o río. Durante este ano, como máximo reducíranse quince metros, polo que os concellos da Ribeira sacra comezan a temer porque se acerne un dos recursos turísticos máis importantes da bisbarra e empezan a formularse que facer. En concreto, as institucións municipais temen pola navegabilidade do Sil con esta drástica redución do caudal, fará que o catamarán que suca o río non poida navegar.

Segundo o concello de Monforte de Lemos, cada ano 30.000 persoas utilizán este servizo para coñecer unha das bisbarras máis belas de Galicia.

Tanto as institucións comarcais como provinciais reuníronse para buscar solucións para amortizar a previsible baixa de visitantes en ano Xacobeo. As primeiras actuacións apuntan a que se constituirá unha comisión técnica composta por un economista, un biólogo, un avogado e un historiador da Universidade de Santiago de Compostela para elaborar propostas que sirvan como alternativa a unha máis que previsible perda de ingresos.

A Asociación de Profesionais de Turismo Rural Lugo Sur valoran positivamente que se constitúa esta comisión, aínda que cre que chegan algo tarde. Tamén demanda de Iberdrola unha maior sensibilidade cos hostaleiros da zona.

Os traballos da compañía eléctrica para ampliar a potencia no encoro de Santo Estevo seguen causando polémica na zona pola cantidade de secas que producen no río. Ecoloxistas e políticos reclamaron que se paralicen as obras, pero non só non paran, senón que xa afectan a un dos atractivos máis siginificativos: os catamaráns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario