CONXURO DA QUEIMADA

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas:
eitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala mullercasada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cús,
muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantareias chamas deste lumeque asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxasa cabalo das súas escobas,
indose bañar na praiadas areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidosque dan as que non podendeixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este brebaxebaixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos malesda nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,a vós fago esta chamada:
si é verdade que tendes máis poder que a humana xente,
eiquí e agora, facede cós espritosdos amigos que estan fóra,
participen con nós desta Queimada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario