Mostrando entradas con la etiqueta M) COCIÑA PARA LARPEIROS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta M) COCIÑA PARA LARPEIROS. Mostrar todas las entradas

Filloas de Sangue

As filloas de sangue é algo moi típico da gastronomía de Chantada nos días da matanza; pódese dicir que é o postre por excelencia, tan ben valorado que, cando un veciño da aldea fai a matanza, ten de repartir algo da sangue recollida con os das casas do arredor para que iles tamén fagan as filloas; a receita é moi sinxela, simplemente ó amoado das filloas de leite engádeselles un chisco de sangue (ó gusto, pro non fai falla moita), é cada unha salpícase ben de azúcar; anque se poñen de postre, case todos as prefiren cando mesmo saen da sartén, pro ise é un privilexio que depende da cociñeira (porque se lle las deixa comer así nunca da feito pra levar á mesa). Falta dicir que o sangue é recollido, ben remexido para que non se corte, e logo colado -primeiro sobre pallas- e logo co colador. Por se vos daba algo de recelo, podedes estar seguros de que estas filloas son moi sabrosas.  
Noutros tempos, en que non habìa internet pero sí xente moi devertida, era tradición que nalgunha das filloas (que case sempre se presentan enroladas), as cociñeiras meteran pimento moi picante ou un fio, pra logo rirse dos que lles tocaran, que sólo o sabían pola cara que puñan xa que non o dicían porque era motivo de mofa. 
INGREDIENTES: 1 Pata de Porco, 1 Oso de Caño, 1 Oso de Pata de Tenreira, 4 Ovos, 750 gms. de Fariña aprox., 2 litros de auga, 100 grms. de touciño para frota-la pedra e sal.

COMO FACE-LAS: Facer un caldo coa pata de porco, a de tenreira e o oso de caña dous litros de auga e deixa-lo cocer lentamente. Separar e deixar enfriar. Bate-los 4 ovos coma se fose para facer tortilla, engadir unha taza do caldo e mezcla-la fariña procurando que non se formen bolos, se se forman hai que cola-la masa. Quenta-la pedra ben quente ou no seu caso fiolleira ou sartén untándoa ben có touciño pinchado nun tenedor; cando está quente, verter en riba a masa de forma que cubra a "fiolleira" cunha capa moi fina. Cando esté callada darlle a volta, e así ata facer un bon prato delas, hai que ter moita paciencia sobre todo cando ven algún lambón a collernolas.