Mostrando entradas con la etiqueta G) PROTEXÁMOLO NOSO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta G) PROTEXÁMOLO NOSO. Mostrar todas las entradas

NON ÁS USURPACIÓNS


Iberdrola horada o Canón do Sil para exportar enerxía a Portugal (05/10/2009)

A eléctrica subministrará o país luso con dúas centrais en plena Rede Natura. Iberdrola apuntalará a súa posición no mercado eléctrico portugués dende os polémicos aproveitamentos hidroeléctricos que levanta na conca do Sil, unha zona protexida polo seu alto valor ambiental. A compañía que preside Ignacio Sánchez Galán ten entre os seus plans a subministración de enerxía ao país veciño dende Galicia a partir de 2012, cando está previsto que finalice a construción das centrais de Santo Estevo II e San Pedro II, que aumentarán a súa capacidade en algo máis de 200 megavatios, sobre os 340 megavatios que dispoñen hoxe ambas as dúas instalacións.

Arrasando con todo


Iberdrola desecou un río para construír unha nova central eléctrica en Galicia (16/07/2009)

A empresa Iberdrola, co aval do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, desecou o río Sil para realizar traballos de sedimentación necesarios para construír unha nova central, ampliación subterránea da de Santo Estevo. A foto mostra como estivo, durante varios días, o curso do río no treito que vai dende a presa de San Estevo de Ribas de Sil (Ourense) e a localidade de Peares. Nestes momentos a presa de San Estevo encóntrase moi por debaixo da súa capacidade habitual a estas alturas do ano, considerando ademais o volume de precipitacións que houbo este ano. O aspecto do río na zona é desolador, aínda que a empresa o negue o impacto sobre a flora e a fauna da zona é evidente. Esta obra non parece ser acorde cos principios e valores que subscribe a citada empresa na súa páxina web, os cales cito textualmente: Queremos ser a Compañía preferida polo noso compromiso coa creación de valor, a calidade de vida das persoas e o coidado do medio" Con estes modos de actuar dubido que iso sexa posible.

Non ós abusos de Iberdrola

Iberdrola reducirá o caudal do Sil durante oito meses en 2010
(Escrito o 24 Novembro, 2009 ás 12:16 en Actualidade)

A compañía eléctrica Iberdrola planea reducir 30 metros o caudal do Sil durante oito meses -dende abril ata novembro- en 2010 para poder dragar o río. Durante este ano, como máximo reducíranse quince metros, polo que os concellos da Ribeira sacra comezan a temer porque se acerne un dos recursos turísticos máis importantes da bisbarra e empezan a formularse que facer. En concreto, as institucións municipais temen pola navegabilidade do Sil con esta drástica redución do caudal, fará que o catamarán que suca o río non poida navegar.

Segundo o concello de Monforte de Lemos, cada ano 30.000 persoas utilizán este servizo para coñecer unha das bisbarras máis belas de Galicia.

Tanto as institucións comarcais como provinciais reuníronse para buscar solucións para amortizar a previsible baixa de visitantes en ano Xacobeo. As primeiras actuacións apuntan a que se constituirá unha comisión técnica composta por un economista, un biólogo, un avogado e un historiador da Universidade de Santiago de Compostela para elaborar propostas que sirvan como alternativa a unha máis que previsible perda de ingresos.

A Asociación de Profesionais de Turismo Rural Lugo Sur valoran positivamente que se constitúa esta comisión, aínda que cre que chegan algo tarde. Tamén demanda de Iberdrola unha maior sensibilidade cos hostaleiros da zona.

Os traballos da compañía eléctrica para ampliar a potencia no encoro de Santo Estevo seguen causando polémica na zona pola cantidade de secas que producen no río. Ecoloxistas e políticos reclamaron que se paralicen as obras, pero non só non paran, senón que xa afectan a un dos atractivos máis siginificativos: os catamaráns.