Filloas de Sangue

As filloas de sangue é algo moi típico da gastronomía de Chantada nos días da matanza; pódese dicir que é o postre por excelencia, tan ben valorado que, cando un veciño da aldea fai a matanza, ten de repartir algo da sangue recollida con os das casas do arredor para que iles tamén fagan as filloas; a receita é moi sinxela, simplemente ó amoado das filloas de leite engádeselles un chisco de sangue (ó gusto, pro non fai falla moita), é cada unha salpícase ben de azúcar; anque se poñen de postre, case todos as prefiren cando mesmo saen da sartén, pro ise é un privilexio que depende da cociñeira (porque se lle las deixa comer así nunca da feito pra levar á mesa). Falta dicir que o sangue é recollido, ben remexido para que non se corte, e logo colado -primeiro sobre pallas- e logo co colador. Por se vos daba algo de recelo, podedes estar seguros de que estas filloas son moi sabrosas.  
Noutros tempos, en que non habìa internet pero sí xente moi devertida, era tradición que nalgunha das filloas (que case sempre se presentan enroladas), as cociñeiras meteran pimento moi picante ou un fio, pra logo rirse dos que lles tocaran, que sólo o sabían pola cara que puñan xa que non o dicían porque era motivo de mofa. 

1 comentario:

  1. Queridas alumnas felicítovos polo voso traballo.

    Parabéns

    O voso profesor corrixindo.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar